Crónica da fin de semana
Venres. Malia a choiva e a néboa, foi un pracer ir á Pobra de Trives e saber un pouco máis daqueles mestres que sufriron nas carnes e nas almas o horror da guerra. Ergamos a voz pola memoria de todos eles. Non sei se este blog ten virtudes de altofalante, pero non podo deixar de enviar a miña felicitación a Xoán Carlos Domínguez Alberte, organizador das xornadas.
Sábado. Doce do mediodía, conversas familiares e inminencias de cocido. O programa "A Revista", da TVG, dedica unha xenerosa reportaxe á visita a Galicia dos gañadores do Premio Planeta. A finalista, moi coñecida nas últimas semanas por certa polémica, expón unha teoría segundo a cal un sistema literario non se define pola lingua que emprega, senón por un feixe de circunstancias diversas entre as que sinala, por exemplo, o clima. Non me parece mal que Marta Rivera de la Cruz manifeste as súas opinións na televisión pública, pero produce tristura que se lle dedique un horario fabuloso a promocionar un premio millonario e sempre sospeitoso, mentres que se relega ao gañador do Blanco Amor ás dúas da madrugada dun xoves.
Domingo. Vexo a Manolita López Besteiro laiándose da imposición da lingua galega que se quere perpetrar no ensino. Evidentemente, non estou a favor de que se impoña nada, mais non podo esquecer que a muller que fala foi durante anos a máxima responsable de que a nosa lingua recibise no noso propio país trato de idioma estranxeiro, moribundo e anecdótico.
Chove en Zamora. Faltan dúas horas para iso que chaman derbi. A megafonía de Riazor falará castelán, como sempre.

11 Comments:
Respecto ao último que contas esta fin de semana, nunhas xornadas na capital galega, pasou algo semellante. Unha das poñentes fixo a súa exposición en galego, pedindo desculpas a outro dos poñentes que era catalán, o cal dixo que malo sería que non entendese o galego e que moi de acordo co de expoñer en galego.
Despois pasouse á tanda de preguntas onde outro dos poñentes (galego este tamén) dixo que se pasaría a utilizar o castelán "non por nada, pero é que é a lingua na que todos nos manexamos moito mellor".
Pareceume moi mal ese último comentario, por suposto fixen a miña pregunta en castelán debido á presencia dunha persoa que non falaba galego na mesa, pero sobre o de manexarse mellor no castelán...a min que me perdoe, pero que fale por el aquel que o faga.
Penso que non hai nada que impoñer, so dar a posibilidade de que cada un se exprese no idioma que queira e, para iso, primeiro hai que aprendelo. Que supoño que a señora Besteiro ben o ten que saber.
Un saúdo para ti :)
Xa se fala da blogosfera/blogomillo como o quinto poder e iso é bo dado que, aínda que a blogosfera non é totalmente democrática, polo menos constitúe unha alternativa ao poder da prensa tradicional.
Por suposto tamén é digno de ser asinalado o facto de o ratio blogues en galego/blogue en castelán ser moito mais favorábel que o ratio prensa en galego /prensa en castelán. Todo un signo dos tempos.
Falaches claro e con razón. Hoxe en día, o diñeiro e o sexo moven TODO, e que llo digan a Bush ou a Paulina Rubio.
Mais non a todo o mundo.
Unha aperta co corazón.
Yoli
GRACÍSIMAS, CAMARADA GALEGO; POR LEMBRARTE DE MIN!!! UNHA APERTA FORTE.
YOLI ;-)
Élle o que hai, saúdos.
oiga, míreme el correo hombre!
son ben duras as postais que deixas, pero por iso mesmo valiosas e de lectura urxente. Un pobo que non coida a sua lingua, que non a valora, pois non coida a sua identidade e esas características que o fan diferente e unico... así, so queda esperar e ver cal dos imperios é o primeiro en colonizalo (xa non polas armas, senón polas películas, os libros e a música: ferramentas tanto mais poderosas cas outras).
Non damos levantado cabeza e cada vez pior. En fin...
Un saúdo.
A lingua é unha gran identidade dun pobo temos que facerlle pola vida...
Moitas apertas.
:)
Pódesme dar o teu enderezo? É para mandarche algo importante.....
Unha aperta de Yoli :-)
Mándamo por email
Estivo vostede polas miñas terras!
mágoa que todo o mundo se preocupe pola 'imposición' do galego, e ninguén o faga pola do castelán...
unha aperta
Publicar un comentario
<< Home