De Ourense a Vigo
Xa que non conseguín ser vocalista de orquestra, polo menos vou ter o pracer de vivir un día de sesión vermú e verbena. O cartel da festa é o seguinte:
Venres, 10 de novembro, ás 12 da mañá, entrega do Premio Risco no Salón de Plenos do Concello de Ourense. O mesmo día, ás 20 horas, en Vigo, na Casa do Libro, presentación da novela "Os mércores de Fra". Estarán comigo Susana Lamela, Magdalena Sánchez e Francisco Castro, aos que agradezo moitísimo a compaña.
Por suposto, estades todos convidados.
Venres, 10 de novembro, ás 12 da mañá, entrega do Premio Risco no Salón de Plenos do Concello de Ourense. O mesmo día, ás 20 horas, en Vigo, na Casa do Libro, presentación da novela "Os mércores de Fra". Estarán comigo Susana Lamela, Magdalena Sánchez e Francisco Castro, aos que agradezo moitísimo a compaña.
Por suposto, estades todos convidados.
15 Comments:
Ola Xurxo! vas ter o día moi movido! pero tamén con moitas recompensas!!Alégrome e felicítote. Mágoa que eu teña que traballar e non poida estar. Pareceume estraño que non estiveras no V Encontro de Escritores Ourensáns o sábado 4 de novembro no Liceo en Ourense. Bueno, xa nos veremos pronto co gallo da outra presentación en Cangas. Unha aperta grande!!
;-)
A ver se podo ir pola Casa do Libro.
Un saúdo.
vaia, non poderei estar, pero prometo-lle a vde. que no seu próximo prémio o acompañarei, seguro (ainda que só me achegarei ao final para felicitá-lo, a fin de contas, a noite é de vde!)
E para variar eu non poderei estar, mais se andas a finde pola terra non me importaría tomar un café (vas quedar deles ata arriba, seguro). E noraboa outra vez :)!
pois eu estarei co pensamento e bos desexos dende esta beira do Atlántico, como boa fan que son!
¡Canto me está a gustar estes mércores de Fra! ¡Vémonos en algo máis de 24 horas!
Estás nunha adicatoria no meu blog. bicos
Pois eu non poder asistir mais desde aquí mándoche a miña máis sinceira
N O R A B O A!!!.
Unha aperta grande grande.
:)
Sublime, "Os mércores de Fra". Sigo mantendo que é do mellor que tes escrito. Non vai decepcionar a ningún lector.
No campo da festa ás doce, xa non quedaban pegadas da túa sesión vermú, e na Praza maior as leiteiras xa recolleran balerias as latas do leite para retornar para casa...
Souben que tocaras unha hora antes, non poido ser...
Agardo acompañarte porque non, noutro éxito e noutro lugar cercano, non dubido do teu talento, e, outra vez será...
Ando sumerxido en SPAM, cando remate, empezarei co Mércores de Fra, xa falaremos...
Saudos.
XulioDRabal.
Xa me gustaría :)
¿Cando montamos o grupo musical?
Que tal a presentación????
SEguro que do mellor, xa me contarás!!!
Un bico de Yoli ;-)
Sinto (por min) non haber estado na presentación. Xa teño a Fra nas mans e o único que podo dicir e que me está gustando moito. Gústame tamén o cambio de ritmo que fas respecto a Licor de abelá con xeo. Penso que xa podes dicir con orgullo que es escritor.
Agradézovos moito o interese e a compaña. O venres foi un día realmente bonito e emocionante. Carqueixa, moitísimas grazas por vir. Espero para outra vez dispoñer de máis tempo e poder tomar un café.
Xulio, sinto moito o erro no horario. Foi unha pena, porque ás 12 creo que aínda andabamos polo Concello.
Yoli, gracismas por todo.
Susana, mil beizóns.
E a todos unha aperta. Tomade o que queirades, que pago eu.
Publicar un comentario
<< Home