lunes, octubre 30, 2006

Os de Silvaoscura (67)

Segundo as miñas contas, os míticos irmáns Piernas deberon de nacer a mediados do século XIX. Cando o meu avó, sendo neno, os coñeceu, alá polas beiras do tempo da guerra, eran xa dous anciáns indomeables. Xosé, o máis vello, traballaba as leiras e tiña conta da casa. Castor, que era baixote e gordo, levaba toda a vida a facer cestos.
-Sempre de madeira de castiñeiro novo, que se deixa traballar mellor.
Un día, os rapaces de Silvaoscura, afeitos a pasar tardes enteiras con aqueles dous seres tan excéntricos e entrañables, quixeron saber por que ningún dos dous casara.
-Viñéronnos tentar moitas veces -respondeu Xosé-, pero sempre resistimos. Dunha vez, cheguei á casa e tiñan o Castor contra a parede. Eran tres ou catro mulleres, non me acordo ben, e xa lle baixaran os pantalóns. Menos mal que lle valín a tempo.

9 Comments:

Blogger X said...

Mellor non lle valera :D

4:12 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Que gracia!! canto me alegra que elas tomaran a iniciativa.

Unha aperta grande.
:)

6:04 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

pero, os vellos eran unha versión dos vellotes do brokeback mountain?, porque se eran gays, mellor que lle valera (a fin de contas unha violación é unha violación)

7:31 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

non, que eran irmáns, claro que o incesto foi algo bastante común no rural de hai tempo, máxime tratándose dun cesteiro, xa é sabido o dito: quen fai incesto fai un cento

2:19 a. m.  
Blogger paideleo said...

As mulleres de Silvaoscura son coñecidas no mundo enteiro polos seus ataques sexuais.
Mui bo coma sempre e a risa que me provocou pode engadirse á ledicia que temos na miña familia pola liberación do meu curmán.

11:15 a. m.  
Blogger Laurindinha said...

Pobre Castor... ;)

4:24 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Oes, rei de copas, aínda seghes a manter O vixia no centeo entre os enlaces a outros blogs. Non sabes que xa non existe porque foi denunciado e posto co cu (aínda leva as pallas no cu) ao aire por un blogueiro que o identificou coas iniciais XANC, chupadas de interpretar, X(osé) A(ntonio)?Adiviña adiviñanza

12:08 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

e depois dizem que as mulheres de hoje é que são "atiradas" !

9:16 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Se as mulleres de Silvaoscura son así, que carallo fas ti vivindo en Zamora???

4:14 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home