Os de Silvaoscura (69)
Ao ler a prensa de hoxe, foi inevitable lembrar a señora Carme Xoca, unha mulleriña afectada por unha tose crónica que moi probablemente lle fixo evitar as penas do purgatorio e lle abriu decontado as portas do ceo. A señora Carme pasara a infancia e a mocidade en Madrid, falaba en castelán e, por circunstancias que descoñezo, vivía constantemente preocupada por saber a hora exacta. Pero tampouco debía de levar reloxo, e de aí que preguntase todo o tempo aos veciños.
-Concha, tienes hora?
A resposta non abondaba para satisfacer á señora Carmen. Supoñamos que a miña avoa entraba un intre na cociña e volvía anunciando que eran as tres.
-Las tres, sí. Pero nuevas o viejas?
E é que en Silvaoscura xa hai moito tempo que se fala da hora nova, da hora vella e mesmo da hora louca.
-Concha, tienes hora?
A resposta non abondaba para satisfacer á señora Carmen. Supoñamos que a miña avoa entraba un intre na cociña e volvía anunciando que eran as tres.
-Las tres, sí. Pero nuevas o viejas?
E é que en Silvaoscura xa hai moito tempo que se fala da hora nova, da hora vella e mesmo da hora louca.
5 Comments:
Aqui também. Temos horário de verão todos os anos, nesta época. Você não sabe direito as horas nunca. O que não deixa de ser um álibi interessante para os que não são pontuais. Eu tenho tentado me localizar no tempo de acordo com o sol. Ele é menos "institucional" ...
Pola nova ou pola vella, mira pa ela que falangueira era, faría todas esas preguntas retóricas por dar palique.
Unha aperta.
:)
E cal é a hora louca ?.
agárate que veñen curvas praos emigrados... vendo a trapallada que transcendeu (quero pensar que habería propostas máis importantes ou cando menos máis prioritarias e/ou construtivas) e o sensibeis que andan por aquí adiante co tema da cohesión nacional... xa me entran fatigas mentais...
unha aperta atemporal
A proposta non é tan ridícula como quere vender a prensa madrileña. Ao contrario, ten o seu sentido e merece, polo menos, ser discutida. Pero estou de acordo con Nemeth: veñen curvas para os emigrados con todos eses vaciles dos que estamos sendo obxecto estes días (eu de momento non moitos, recoñézoo).
Paideleo, esta tarde vou a Silvaoscura. Pedirei información exhaustiva sobre o das horas, non vaia ser que confunda a vella coa louca.
Apertas para todos.
Publicar un comentario
<< Home