miércoles, julio 09, 2008

Principian as vacacións

Paseino moi ben. Viñeron moitos amigos, algúns dende ben lonxe (graciñas especiais a João, a Yoli, aos portoavieiros, a Aniña Acuña, a Lourdes de Redondela, ao vello compañeiro Roberto...). As palabras de Belén López e de Brétemas foron moi agarimosas e emocionantes. Contei tamén coa compaña de dous ilustrísimos blogueiros, os amigos Folerpa e Paideleo. En fin, foi un gran día. Podería (talvez debería) falar da novela, do asunto da identidade e do asedio ao que se ve sometido o protagonista, pero a verdade é que o corpo só me pide palabras de gratitude.
Déixovos por un mesiño e pico. O venres empezo as vacacións e marcho cara a Silvaoscura. Saúde para todos.
Por certo, quen queira escoitar algún textiño de "Os nomes do traidor" que escoite esta semana o Diario Cultural da Radio Galega.

3 Comments:

Blogger torredebabel said...

Descanse moito e volva coa enerxía necesaria para comezar de novo, sobre todo historias novas e libros novos!!

3:55 p. m.  
Blogger paideleo said...

Foi a miña primeira presentación dun libro e gustoume. Non escuitei todo o que dixo Manolo Bragdo pero si o que dixo Belén López e téla no bote.
Xa empecei co libro e teño gañas de ver como remata.
Que pases boas vacacións. Eu cólloas en setembro para ir vendimar.

12:40 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Teño nas mans o libro. Non poiden acodir a presentación e iso que tiña moitas ganas.
A miña familia paterna tamén é de Silvaoscura a ianda estiven por aló hai pouco.
Sitio ben fermoso para descansar

2:40 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home