miércoles, mayo 21, 2008

Sonsonetos para pasar o tempo (5)

Os poetas camiñan pola rúa
atentos á chegada do destino.
Eu non teño ese espírito felino;
de aí que a miña pluma nunca intúa

os acubillos da inspiración núa,
o soneto xusto ou case divino
-moito mellor se sae alexandrino-,
que diga amor sen menciona-la lúa.

Por dicir, miña amada, que te quero,
peitearei guedellas, porei lentes,
violarei sinalefas con esmero,

repetirei as rimas máis frecuentes,
e todo en nome deste amor sincero
que sinto, miña amada, e ti non sentes.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que triste e un amor non correspondido.

12:55 PM  
Blogger bernard n. shull said...

i did a little research after you told me about your "thing", and if you want a way to make more money using your your blog you can enter this site: link. bye.

1:59 AM  
Blogger A Conxurada said...

Asi da gusto pasar o tempo...polo menos para os k te lemos.

8:38 PM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home