jueves, abril 24, 2008

Na beira do Douro (12)

Pasei o día de San Xurxo paseando por Zamora. Á tardiña, incomodamente sentado nun banco de pedra, á beira da igrexa de María Auxiliadora, aínda vin algúns dos que volvían, co pano violeta ao pescozo, da festa de Villalar de los Comuneros.
Seguindo co meu costume de ler os carteis das paredes, batín cun curioso anuncio: para este sábado estará nun ximnasio local Carlos Asensio, subcampión do mundo de culturismo, que fará unha exhibición pública de musculatura.
Por outra banda, na Sala Polivalente na que fago deporte un par de veces por semana, atopo un folio esquecido. Segundo pon, é a letra de "Lela", de Dulce Pontes. Instintivamente, pido un bolígrafo e engado o nome do verdadeiro autor da cántiga: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Despois deixo de novo o papel no seu sitio, por se o dono volve para o recuperar.
E remato por hoxe recomendando un bar: o Ambigú, onde tomo café todos os días. Non só serven unhas tapas fabulosas, senón que Nuria, a camareira, é unha persoa dunha amabilidade perfecta, no seu punto xusto de cordialidade.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

ben por Nuria, a amabilidade por desgracia e algo que estase a perder e se ademaís e guapa, xa o ten todo.

2:10 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Parece que foi un día compretinho, por certo non sabía que era o día do teu santo, con retraso (pola falta de información) pero os meus Parabens!!!.

Unha aperta grande.
:)

12:32 p. m.  
Blogger porto do mendo said...

Coidado Xurxiño, le o seguinte poema e saca ti mesmo as conclusions que poideran suscitarse:

E por falar em saudade,
onde anda voçe,
onde andam seus olhos,
que a gente nao ve,
onde anda esse corpo
que me deixou louco
de tanto pracer.

E por falar em beleza,
onde anda a cançao,
que se ouvia na noite
dos bares de entao,
onde a gente ficava,
onde a gente se amava,
em total solidao.

Hoje eu saio na noite vazia
numa boemia sen razao de ser,
na rotina dos bares,
que a pesar dos pesares,
me trazen voçe.

E por falar em paixao,
em razao de viver,
voçe bem que podia
me aparecer,
nesses mesmos lugares,
na noite dos bares
a onde anda voçe.

7:31 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home