Cousas que souben o sábado
Houbo voda en Penosiños, algo bastante infrecuente. Casou a Consuelo de Calvos, prima remota miña, cun rapaz boliviano ao que non coñezo. Segundo nos contou o tío Senén, as autoridades de Bolivia non permitiron que a familia do noivo viñese ao casamento. Paréceme unha mostra máis da irracionalidade que emana das fronteiras. Xa non me fiaba moito de Evo Morales, pero agora vouno incluír na miña particular listaxe da crueldade universal.
Por certo, seica a miña prima Susana retratou os contraentes xunguidos pola canga. Un acerto, sen dúbida. É máis, dos meus poucos coñecementos de etimoloxía, lembro que a palabra "cónxuxe" viña precisamente de cum iugum, así que a metáfora non só é fermosa senón tamén incuestionable.
Parabéns aos que casaron. Que teñan unha vida longa e feliz, sen fronteiras nin gobernos que lles enturbien as datas sinaladas.
Ah, e xa sabedes que sigo na loita.
Por certo, seica a miña prima Susana retratou os contraentes xunguidos pola canga. Un acerto, sen dúbida. É máis, dos meus poucos coñecementos de etimoloxía, lembro que a palabra "cónxuxe" viña precisamente de cum iugum, así que a metáfora non só é fermosa senón tamén incuestionable.
Parabéns aos que casaron. Que teñan unha vida longa e feliz, sen fronteiras nin gobernos que lles enturbien as datas sinaladas.
Ah, e xa sabedes que sigo na loita.
8 Comments:
E preocupante que este fenomeno de novas aparicions de salvadores da patria, baseados en conculcar con total desparpaxo os dereitos fundamentais que tanto traballo custou conquerir ao largo dos tempos os cidadans, sin que se molesten os gobernos que se autoconsideran a elite na defensa dos dereitos humans, a mostrar un mínimo xesto de reprobación. Como bon galego penso que a cada porco chegaralle o seu Sanmartiño. E evidente de que actuando deste xeito non van a conseguir simpatizantes para a su causa. Que se fodan.
Pois que lles vaia ben: xunguidos ou non.
Demasiadas trabas. Tal vez si hubieran pasado la frontera boliviana, hubiera sido el gobierno español el que no les hubiera dejado entrar.
Saludos
Javi brasil: Non achego a comprender o fondo do asunto que encerra a tua mensaxe. ¿ Podes estenderte un pouco mais?
pois que vivan unha vida moi felices, pero ti o que tiveches foi enbexa de que non te invitaran jajajajajaj...........
Aí falaches, Anónimo, aí falaches, aínda que hoxe en día eu xa agradezo máis que non me conviden a nada. De todos modos, agardo con ilusión as invitacións das mozas casadeiras de Silvaoscura, que xa só son dúas.
Como aludida polo comentario anterior, dígoche primo que pola miña parte non vai haber fallo, pero a verdade é que non sei cal das dúas ten menos présa polo xunguimento, jajaja, será que estamos agardando a que o fagas ti primeiro, que por idade tócache,eu de momento seguirei resistindo, jeje. Bicos
Fai coma min, prima: resiste!!!
Bicos dende a beira do Douro.
Publicar un comentario
<< Home