Sonsonetos para pasar o tempo (1)
Pertenzo a unha estraña e tristeira tribo,
a dos que buscan nos versos clemencia
e protestan por todo con vehemencia.
Quero dicirvos, en fin, que non vivo
máis que das mil feridas que recibo,
ás que repoño a arroutada presencia
do poema, do símil, da indolencia.
Son tan teimosas as cousas que escribo
e tan torpe a miña palabra ruda!
Rezarei a Deus ou ó dicionario
para ceiba-la dor desta alma muda?
Quen será a leal musa que me acuda
no transo de afrontar un poemario?
Ai, se eu me chamase Pablo Neruda!
a dos que buscan nos versos clemencia
e protestan por todo con vehemencia.
Quero dicirvos, en fin, que non vivo
máis que das mil feridas que recibo,
ás que repoño a arroutada presencia
do poema, do símil, da indolencia.
Son tan teimosas as cousas que escribo
e tan torpe a miña palabra ruda!
Rezarei a Deus ou ó dicionario
para ceiba-la dor desta alma muda?
Quen será a leal musa que me acuda
no transo de afrontar un poemario?
Ai, se eu me chamase Pablo Neruda!
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home