martes, septiembre 25, 2007

38

Podíavos falar do moito que me gustou o verán e do moitísimo que me gusta o outono. Supoño que vos podería relatar algunhas conversas de café que me demostraron, unha vez máis, que o maior tesouro ao que pode aspirar unha persoa é esa cousa intanxible chamada amizade. Malamente resisto a tentación de poñerme pesado e presumir de que teño entradas para ver a Sabina e Serrat en Salamanca.
Pero tranquilos, tentarei ir pouco e pouco e reprimir os excesos. Un vai sabendo que isto dos blogs teñen na brevidade unha das súas mellores virtudes. Así que, co voso permiso, principio esta etapa postvacacional coas seguintes novidades:
1. A miña amiga Susana Lamela vai comezar unha nova etapa profesional. Alégrome por ela e polos nenos que a teñan como mestra; sen dúbida, son afortunados. Síntoo pola Editorial Tambre, que perde unha auténtica alfaia. E síntoo, sobre todo, por min, que xa non terei o seu aloumiño matinal en forma de correo electrónico.
2. Parabéns a Marcos Folerpa Calveiro. O seu Premio Aladelta é un motivo de festa para as letras galegas. Cómpre ben, nestes tempos suicidas que padecemos.
3. Mañá, 26 de setembro, fago 38 anos. Algúns dos soños quedaron xa definitivamente atrás. Por exemplo, estou case seguro de que nunca serei dianteiro centro titular do Celta. Pero aínda hai camiño por diante. E, sobre todo, moitas ganas de camiñar.

7 Comments:

Blogger paideleo said...

Pois parabéns para todos e para ti en especial ( case fas anos canda o Leo ).
Que se cumpran os teus soños e que se fastideie o Celta por non ficharte.

10:41 p. m.  
Blogger torredebabel said...

Noraboa (un chisquiño adiantada aquí pero na data xusta alá, cousas dos meridianos e paralelos e fusos horarios) e como dixo Paideleo, é o Celta quen o perde.

1:33 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

¡Ánimo! Dino Zoff gañou o mundial con 40. Apertas fondas.

8:53 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Moitas grazas Veloso polas túas palabras.

A verdade é que esta nova etapa da miña vida está a resultar moi gratificante. Había ben tempo que non tiña o sorriso permanente na miña cara. Volvo a sentirme coma unha nena co seu traxe novo. Coma naqueles anos.

O que si, non sei se os nenos pensarán o mesmo ca ti, porque paso o día a berrarlles, pois non son quen de estar nin un segundo calados. "Teñen incontinencia verbal" :-)

Ah, e aínda che quedan moitos partidos que xogar, aínda que non sexan no Celta. PARABÉNS POLOS 38.

Se ves a Sabina, lémbralle que a nube negra xa pasou.

7:49 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

P A R A B E N S!!!.

Disfruta dos 38 outonos e que cumpras moitos máis.

Beijosssssssss
;)

10:17 a. m.  
Blogger Veloso said...

Graciñas a todos. Que o outono nos acompañe e ilumine.

8:17 a. m.  
Blogger X said...

Parabéns atrasadísimos!!!
Sorpréndeme que teñamos a mesma idade.

3:15 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home