Día de Galicia
Como sabedes, o día de Santiago Apóstolo non é festivo en Castela e León. Aínda así, hoxe sinto unha gran ledicia: tiven a sorte de falar por teléfono con Torredebabel. Estaba en Compostela, no mítico Derby, compartindo café e conversa con Marinha de Allegue, Moralla e outros compañeiros de blogomillo. Débora, foi un pracer oír a túa voz, un verdadeiro motivo de festa.
4 Comments:
Foi moi emotivo: conversa, gargallada,bo xantar, xentío nas rúas, música,libros,Arxentina e Galicia.
Apertas Xurxo
pásate axiña pola túa terra!
Yoli ;-)
A min quédame pena de non coñecela en persoa.
Quizais para o futuro...
Foi un día emocionante intenso tanto coma o sol que facía...
Beijosssss.
;)
Graciñas Veloso! ben sabes que son unha lectora e seguidora ao lonxe. Por iso, a proximidade que construiu o teléfono de Moralla foi un verdadeiro agasallo nesta viaxe. Unhas horas despóis, pola rúa, coñecín a unha rapaza guapa e dunha voz doce e moi suave. Fíxome pensar nun paxariño pequeno atrapado polos berros e a música estridente desa tarde de festa en Compostela. Ía cuns libros nunha bolsa e alguén me dixo que era a túa curmá. Non me extrañou: todo o que che vou coñecendo (os libros, a conversa duns minutos no teléfono, os amigos que falan marabillas de ti) é bonito e feliz.
Graciñas de corazon!
Publicar un comentario
<< Home