Orde
Levo uns días algo estresado por culpa de certos asuntos domésticos (os que algunha vez mercaron ou venderon piso seguro que me entenden), así que non dou feito. Tiña tres ou catro cousas que vos contar, pero a desorde mental fai que os adíe ata mellor ocasión.
No entanto, deixo constancia da tristura que me produce a última baixa do blogomillo. No meu paseo habitual entre os blogs amigos, non atopo a Moralla, esa fervenza ourensarriacompostelana que tanta luz nos daba cos seus versos e as súas fotografías. En fin, Yolanda, graciñas polos bos momentos que nos fixeches pasar. E, por suposto, seguiremos atentos á túa obra, tanto a literaria coma a pictórica.
Saúdos a todos. Marcho, que xa chegan os da mudanza e os da axencia inmobiliaria e os dos bancos e os das notarías e os dos rexistros da propiedade...

3 Comments:
saudos e bom 25 de julho
Que sexa para ben o cambio.
Non vira isto, "xangarelo", moitas grazas. O importante é a felicidade interior(malia a bronca que me botaron algúns por deixalo!!). Chega o verán, e nuns días estarei na praia, entre area e mar, lonxe de pantallas. Precísoo.
abrazo grande de Yoli ;-)
Publicar un comentario
<< Home