Coincidencias?
Nos últimos dous anos, por circunstancias absolutamente inexplicables, algunhas das cousas que escribo foron galardoadas en diversos certames, convocados por cadanseu concello. Agora comprobo que aqueles alcaldes aos que estreitei a man no intre do recoller o premio pasaron todos, por razóns de meigallo ou de casualidade, á oposición. Munícipes d´O Grove, de Bueu ou de Ourense: agardo que non crean vostedes en gafes ou que, no caso de o faceren, non me teñan en conta a brincadeira.
Por outra banda, segundo soubemos o día da deliberación do xurado, o gañador do Premio Risco 2007, Xosé Vázquez Pintor, estase a recuperar dunha molesta varicela, a mesma doenza que padecín eu hai escasos tres meses. Pregunta científica: provoca varicela o Premio Risco? Sexa cal for a resposta, deséxolle ao señor Vázquez Pintor saúde e paciencia. E felicítoo pola súa excelente novela, que será publicada nos vindeiros meses por Sotelo Blanco Edicións.

2 Comments:
Co gafe ou sen el tes unha boa obra literaria que espero que amplíes...se a saúde o permite.
Pois se fora así, non o contes moito! ou... escolle con coidado onde presentar as vindeiras novelas ;-)
Publicar un comentario
<< Home