Para Darío, xustiza na Terra e descanso no Ceo.
O Darío era un home de bos sentimentos, parente remoto meu pola costela de Fontebranca. A derradeira vez que o vin, no bar do Milocho, en Vilavidal, nun sábado de fútbol televisado, levaba un traxe claro que lle dicía moi xusto. Pasou case todo o tempo de pé, paseando entre as mesas e absorto na conversa que mantiña co seu teléfono móbil de xoguete. Seica dicía que o chamaba Baltar para lle pedir consello sobre algún asunto da Deputación. Así era Darío, un personaxe, un corazón nobre, o habitante máis ilustre do seu propio mundo de fantasía.
Atopárono morto nunha rúa de Ourense. Non se sabe moi ben que pasou, algúns falan dun atropelo, moitos din que foi unha malleira brutal e inhumana. A crónica da "Región" aseguraba que era unha das persoas máis populares da cidade. Parece que o propio Baltar asistiu ao funeral. O Isauro de Fontebranca, pai do finado, coa alma desfeita, autorizou a doazón dos órganos do fillo morto.
O teléfono móbil garda silencio. Darío xa non chegou a tempo para a campaña electoral.

3 Comments:
Non coñecín o tal Darío pero da maneira que o describes non merecía un final tan malo. Polo menos a súa morte servirá para salvar vidas.
Un bo texto para estes días de eleccións municipais... pobre Darío...
Ó final vas estar o día 2 en Bueu? Desgraciadamente, eu (unha das metades de Laurindinha) o 1 e o 2 non vou estar por aquí...
Saúdos!!
Ola Rei de copas...
Son a túa veciña moralla. Grazas pola mensaxe e o convite á gran presentación do libro en Bueu. Ai! vasme matar.Polo que vexo, é o día 2 de xuño, eu pensaba que era máis tarde...como dicirche, resulta que os días 1 e 2 de xuño estou de roteiro por Portugal nunha homenaxe que se fai a Miguel de Torga. Fódeme moito, sabendo que os debuxos da túa curmán Ana e os meus están ahí agardando e decorando as túas "Dúbidas de María". Seguro que te cabrearás comigo. Bueno, polo menos mándame un exemplar.
Unha aperta de Yoli-moralla
Publicar un comentario
<< Home