jueves, abril 12, 2007

Volvo

Dende a anterior entrada, conseguín rematar por fin uns traballos que tiña pendentes dende había ben tempo, estiven quince días de baixa por culpa da varicela (xa se sabe, doenzas propias dos que somos novos), aproveitei a Semana Santa para visitar uns amigos que viven no Algarve (graciñas, Tere e Yago, pola hospitalidade e por ser os responsables desa cousiña tan preciosa que tendes por filla) e gravei unha entrevista para o programa "Libro aberto" (xa volo lembrarei cando se emita).
Dito o cal, comunícovos a miña intención de retomar o blog. Non sei moi ben de que vos vou falar nin a periodicidade das entradas, pero o certo é que xa estrañaba este medio de comunicación, a posibilidade de conversar convosco e de comunicarme con todos os amigos do blogomillo.
Volvamos, pois, a este refrescante e primaveral rego. Unha aperta para todos.

18 Comments:

Blogger Marinha de Allegue said...

Iujuuuu!!! que ledicia me da a túa volta!!!. É unha grata sorpresa desas que garda a primavera...

Unha aperta e un Beijo.
:)

11:14 a. m.  
Blogger besbe said...

muá :)

Oe o da varicela, que mal, non? e o das vacacións que ben, eh?

O que andaba pensando, a canto queda Zamora da Coruña? que ultimamente ando de arroutadas e se se me da por aí igual me paso. Falamos rapaz, un bicazo! e re-benvido, que aquí tamén te botabamos de menos :)

1:43 p. m.  
Blogger Ra said...

Bienvenidos los que vuelven.
Saludo!

3:03 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Nós agardabamos isto e o Celtiña aínda máis.

3:08 p. m.  
Blogger torredebabel said...

Velosoooooooo!!! que ledicia tan pero tan TAN enorme da esta nova! Vai hoxe unha mañá de sol e frio, propia do amable outono bonaerense, un avión está a traer a tua ultima novela nun sobre que leva apuntado o enderezo da miña casa (grazas ao xenerosísimo amigo Parzival) e as cousas non poden ser mellores. Benvido!!

4:07 p. m.  
Blogger Laurindinha said...

Pois benvido sexas!!

4:16 p. m.  
Blogger Andrederabal said...

Que bemmmm!!!!
Oxalá non marches máis e nos contes historias para sempre.Eu xa tiven a varicela hai 3 anos.
Saúdos.

Andrederabal.

4:52 p. m.  
Blogger Basho said...

Bem-vindo de volta!!!

6:18 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Pois benvido, rapaz!

8:05 p. m.  
Blogger paideleo said...

Alédome muito da túa volta a este mundo virtual.
O Leo vai ben, gordecho e grande e ben ghicho e é a alegría do fogar.
Agora visitarei a túa casa con gañas de saber das túas historias.
Un saúdo.

12:10 a. m.  
Blogger Mr Tichborne said...

que ledicia! despóis de ver como varios dos meus blos preferidos defuncionaban, que boa nova a súa!

1:18 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Non sei de que vas falar, pero eu creo que unha despedida d'Os de Silvaoscura é case obrigada por protocolo.

Saúdos

9:44 a. m.  
Blogger Silvio Falcón said...

MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

Actuemos, movámonos contra o que está á pasar en Tomiño!

O blogomillo ten voz.

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

Unha aperta

11:07 p. m.  
Blogger estibaliz... said...

Venbido. E boanora polo da AELG.

1:47 a. m.  
Blogger X said...

Magnífica decisión, celebro a súa volta e ogallá cunda o seu exemplo.
:)

6:22 p. m.  
Blogger Veloso said...

Uf, que acollida, estou impresionado. Graciñas a todos.
Larvós, o bonito das historias de Silvaoscura é que non acaben nunca. De todos modos, pensarei no que me dis.
Besbe, debe de haber uns catrocentos quilómetros ou algo máis. Mándame un correo e falamos. Xa te levarei a probar os famosos pinchos zamoranos.
Torredebabel, espero que a lectura d´Os mércores de Fra che resulte grata ou, polo menos, que che facilite unha boa sesta.
Graciñas, Estíbaliz, xa vos contarei da cea da AELG cando saiba algo máis.
Apertas a todos.

9:27 p. m.  
Blogger Raposo said...

Que perdure o retorno.

1:03 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

A primavera ven cargada de folgos novos, de retoños, ben entón por retornar.
A mellor homenaxe.A maneira de que sigan vivos (entendo eu),os que se foron de Silvaoscura é acordándote deles, é descubríndonos as súas historias, é sacando as súas anécdotas do anonimato.
Agardámoste.
O que tí queiras!
Apertas, meu !.

7:37 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home