Que queremos dicir cando falamos de normalización lingüística
Agardo que algún sociólogo de boa vontade me informe sobre un asunto que ultimamente me parece preocupante. Se cadra, engánome e vexo problemas onde non os hai, pero eu diría que a percepción do galego e, sobre todo, dese proceso que se deu en chamar "normalización lingüística", está a mudar para peor. Despois de décadas de indiferenza maioritaria cara ao noso idioma, disimulada polo esforzo de colectivos e particulares especialmente comprometidos, batemos agora cunha novidade que non agardabamos: a hostilidade manifesta de certos sectores, aínda non moi significativos, pero suficientemente ruidosos como para que as súas queixas sexan esparexidas por veteranísimos xornais e webs de nova creación. Antes de que o regueiriño medre e se faga río, sería conveniente, creo eu, que aqueles aos que aínda nos importa algo a lingua que herdamos dos nosos vellos tomemos unha serie de medidas profiláctica. Nunha palabra, pasemos á acción.
En primeiro lugar, cómpre que lembremos o significado orixinal da famosa normalización, para que os cranios asoallados das páxinas de opinión e das cartas ao director poidan por fin saír dese estado de pánico indignado no que viven permanentemente. O único que se pide co devandito proceso é que aqueles que desenvolvemos a nosa vida cotiá en galego -segundo as enquisas, aínda somos maioría- poidamos facelo con absoluta normalidade, sen atopar atrancos nin discriminacións, é dicir, que poidamos redactar os documentos, asistir ás misas, ir ao médico, manter preitos, recibir ensinanza e desenvolvernos en todos os eidos na nosa lingua de uso habitual. Trátase, por tanto, de facer que o galego sexa unha lingua absolutamente normal, para que os seus falantes non nos sintamos extraterrestres na nosa propia terra. Todo isto axudará, segundo pensamos moitos, a que se recupere a transmisión do idioma nas familias e a que desapareza por fin ese inexplicable complexo de retraso que levou a miles de pais a non falar en galego aos seus fillos.
Por suposto, o proceso de normalización non vai en contra dos dereitos dos castelán-falantes, para os que esiximos o máximo dos respectos. Sabemos demasiado de discriminación como para permitir que sexan outros os prexudicados. Nese sentido, deben sentirse tranquilos os Blanco Valdés, os Carlos Luis, os Romeo Sierra e similares. A normalización lingüística non os ten como obxectivos. Ao contrario, ninguén os precisa na causa do galego e ninguén pretende que muden os seus hábitos. A liberdade, como é natural, está por riba das linguas. Por iso, precisamente, algúns eliximos falar en galego.
Non me quero estender de máis, pero aínda hai un segundo punto que vos propoño, non só como debate, senón como inicio dunha acción directa. Hoxe, 17 de abril, estamos a un mes do célebre Día das Letras Galegas. Tamén falta pouco para o 27 de maio, data das eleccións municipais. Propóñovos que, como cidadáns galegos e galegofalantes que somos, empecemos dende agora mesmo a esixir aos nosos medios de comunicación e aos que pretenden ser os nosos representantes nos concellos un compromiso firme co proceso de normalización da lingua galega. Xa de entrada, sen que ninguén ma pida, douvos a miña opinión como vigués: non me gustan nada as actitudes neste terreo nin de Corina Porro nin de Abel Caballero. Fagamos, pois, que oian a nosa voz.

5 Comments:
Moi clariño. Voulle tomar prestadas algunhas frases xa que eu non o ía dicir mellor. Parabéns, vexo que a volta trae a frescura da primavera :)
Volves a guerrear, campeón???????
graciñas pola mensaxe!! que sorpresón!!
parabéns a ti pola nominación literaria aos Premios da AELG!!!!
Ese licor de abelá, que ben que baixou entre a/s lectora/s!
Agardo verte, senón é na cea, na outra celebración pendente!
Estiven con Ana hai pouco. Levámonos moi ben, é unha gran amiga.
Bicazo pro escritor de grandes historias na terra de Silvaescura
Yoli ;-)
Non se pode dicir mellor. Concordo plenamente.
aceito o convite e quixera aproveitar as moitas (moitas!) visitas de candidatos galegos á Arxentina para pedirlles que falen galego cos galegos de Bos Aires! somos galegos e queremos falar en galego!
bravo. Tanto vitimismo falso e histérico é indignante. Parece que a lingua asoballada é o castelán, cando un galegofalante non atopa máis que atrancos.
Noraboa polo post e sorte na volta ás trincheiras!
Publicar un comentario
<< Home