Na tele
O vindeiro luns, 23 de abril, emítese no programa "Libro aberto", da TVG, a entrevista que gravamos a semana pasada. Ben, en realidade, dadas as horas ás que se adoita emitir, o máis probable é que xa sexa martes, 24. Se alguén ten problemas de insomnio e decide quedar a verme, agradézollo moi sinceramente. Se non, sempre poderedes acceder á páxina web da CRTVG, onde colgan despois todos os programas. Xa me contaredes que vos pareceu.
Aproveito a ocasión para manifestar o meu agradecemento e o meu saúdo aos responsables de "Libro aberto", moi nomeadamente a Luís Rei Núñez, Manolo Romón e Olalla Vaamonde.
Aproveito a ocasión para manifestar o meu agradecemento e o meu saúdo aos responsables de "Libro aberto", moi nomeadamente a Luís Rei Núñez, Manolo Romón e Olalla Vaamonde.
8 Comments:
te voy ver, sobre tema Zamora, a ponte das letras apetéceche ter visita? mandareiche mail pero é que son algo vaga :)
Procurarei mirar ese programa.
Estou a ver agora mesmo! Muito obrigada pelas tuas palavras, por partilhares o teu mundo com todo o cosmos!
Um abraço desde portugal
Foi un pracer ter a oportunidade de velo e escoitalo. Saúdos.
Ainda que lonxe, tamén aqui o programa vai despois das 12 da noite. Farei canto poda por quedar esperta e, senon, será pola rede. Que ben coñecerte ainda que sexa na televisión!
Agardarei que o colguen na páxina da galega, ainda non está, vereite.
Gustoume, parecía que había complicidade con Manolo Romón. Vino, e recoñézame o mérito, tendo a competencia de José Luis de Vilallonga e a familia Fisher.
Xa te veño de ver, virtualmente neste enderezo :
http://www.crtvg.es/TVG/ficha.asp?prog=111&tipo=Culturais
Ben, por "non facer invisible" a túa outra mitade ourensán-silvaoscuriana.
Publicar un comentario
<< Home