Volverlles a palabra
Esta tarde toca nova sesión de autovía. O motivo, o seguinte, directamente copiado da páxina da AELG:
Venres 11: Presentación e recital co gallo da presentación do libro colectivo Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. No acto recitarán Paula Mariño, An Alfaya, Francisco Pazos, Marta Dacosta, Marcos Juncal, Xesús Alonso Montero, Elvira Riveiro, Manuel Vilanova, Anxo Angueira, Xurxo Sierra Veloso, Vitor Vaqueiro, Manuel Veiga, Manuel Vidal Villaverde e Francisco Castro. Ás 20:00 horas.
Pois iso, vémonos en Vigo, na Casa do Libro.

4 Comments:
outra que vou perder...
tamen eu... non deixes de mandarlle unha aperta fortísima a Anxo Angueira. E o meu eterno agradecemento. El sabe por que (http://www.blogoteca.com/lectoresenbosaires/index.php?cod=13482)
Eu xa a perdín tamén...
Cóntanos do evento.
Unha aperta.
;)
Torredebabel, ao final non veu Anxo Angueira. Quedamos sen oír o seu xeito poderoso de recitar versos.
Besbe, Marinha, sobre o cuestionario Proust, teño que recoñecer que, así como a xerarquía eclesiástica (os Rouco e compaña) me dá noxo, sempre sentín unha gran simpatía polos curiñas de aldea, eses que participan da vida cotiá e que non fan da súa fe unha ameaza. Con todo, teño que recoñecer que fixen ben en non poñer hábitos: habíaseme dar moi mal o de resistir a tentación.
Publicar un comentario
<< Home