miércoles, mayo 30, 2007

Volvo a Bueu

O vindeiro sábado, 2 de xuño, ás 12 do mediodía, no Concello de Bueu, presento "Dúbidas de María", o relato polo que me concederon o premio Matilde Bares do ano pasado. Quero agradecer o labor de Montse, a responsable do Centro de Información ás Mulleres de Bueu, coordinadora do premio e da publicación, así como a xenerosa e valiosísima colaboración de catro amigas: as ilustradoras (Yolanda López e Ana Belén Pérez Vázquez) e as prologuistas (Laura López Atrio e Susana Lorenzo López). Foi un verdadeiro pracer contar con elas. O seu traballo conseguiu que un relato regular se convertese nun libro fermoso.
Por suposto, estades todos convidados. Vémonos en Bueu!

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Moitas grazas polos teus agradecementos. O pracer foi noso, sobre todo na lectura do teu relato (ben narrado, e todo hai dicilo, moi divertido!!- vaime crucificar Xesucristo-). Bico. Yoli-moralla.

9:50 a. m.  
Blogger Basho said...

Este comentario ha sido eliminado por el autor.

8:50 p. m.  
Blogger Basho said...

Caro amigo Veloso:

Gostaria imenso de contar com a sua opinião num estudo-votação para escolher os melhores romances em língua galega. Poucas opiniões parecem-me mais autorizadas!

A ideia saiu deste post no meu blogue, mas vai ser desenvolvida noutro. No entanto, há tempo para pensar nos títulos dos seus dez romances galegos favoritos.

Obrigado por anticipado!

8:54 p. m.  
Blogger paideleo said...

Pois non vou poder estar por Bueu.
Noutra ocasión.

11:19 p. m.  
Blogger Basho said...

Muito obrigado pela mensagem no meu blogue, Veloso. Se também pudesses promocionar o invento entre os leitores do teu blogue para que se animem, seria óptimo!

Agardo esses votos com impaciência.

6:31 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Xa contarás pero suponho que todo foi a pedir de boca...

Noraboa!!!.
Beijossss.
:)

9:47 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Ola Xurxo!!!
Colga polo menos a portada do libro! ou! que teño curiosidade!! mañá mándoche sen falla as fotos da miña viaxe paralela. Está o teu email no perfil do usuario? Se acaso non está, mándamo. Seguro que todo saiu moi ben. Un bico grande. Yoli :-)

1:04 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home