As dez mellores novelas
En realidade, non son as dez mellores. Son, simplemente, as dez que máis me gustan neste preciso intre. Se cadra, fago outra lista a semana que vén e xa non son as mesmas. O caso é que teño moito pracer en responder á petición de Parzival e poñer aquí os títulos máis queridos:
1. A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
2. Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero
3. Ilustrísima, de Carlos Casares
4. A nosa cinza, de Xavier Alcalá
5. Arrabaldo do norte, de Xosé Luís Méndez Ferrín
6. Tic-tac, de Suso de Toro
7. Un xogo de apócrifos, de Xosé Carlos Caneiro
8. Os comedores de patacas, de Manuel Rivas
9. Os meus ollos, de Ramiro Fonte
10. A tecedeira de Bonaval, de Antonio López Ferreiro
Isto vai en gustos, así que non lle hai dar demasiada importancia. Aínda así, que me perdoen Risco, Otero, Cunqueiro, Castelao, Xohana Torres, Queipo, Cid Cabido, Borrazás, Darío Xohán Cabana e moitos outros que teñen -non porque eu o diga, senón polos seus propios méritos- o seu nome escrito con letras de ouro na historia das nosas letras.

6 Comments:
Xurxo...Maioría feminina!!!!e contrasta ben co teu premiado "Dúbidas de María"...
apertas agarimosas :-)
Yoli, estiven a piques de poñer o clásico "Adiós María", de Xohana Torres, pero xa se sabe que as escollas son así: sempre inxustas, sempre discutibles. Apertas tamén para ti.
A tua escolma não defrauda, amigo Veloso. Anotamo-la. Muito obrigado!
Esquecia-me de dizer: esse Scórpio, que grande! Eu também voto por ele e agardo que acabe entre os primeiros.
non podía ser doutro xeito, a tua escolla é tan boa como o que escrebes. Eu ando a volta coa lista pero non a dou rematado... a ver se collo pulo!
¿ NON CHE FALTA TERRA BRAVA DE ANXEL FOLE?
Publicar un comentario
<< Home