Tres manifestacións de confianza
Por sorte para min, a xente de Silvaoscura é intelixente e respectuosa, así que creo que, polo de agora, non debo temer os perigos que axexan ao señor Jourde, ao que só se pode recomendar paciencia.
Confío, por outra banda, na boa memoria dos celtistas que polo mundo andamos. Neste tempo de nimbos e baixas presións, pido un aplauso unánime para Félix Carnero, Ramón Carnero, Covelo, Rafa Sáez, o fotógrafo Eugenio e todos aqueles que ven recompensado o seu traballo de anos cunha miserable carta de despido.
E remato poñéndome espiritual, como nos retratos da Primeira Comuñón. Agardo que os cristiáns do planeta, entre os que me conto, lembremos sempre que a causa e a luz do noso compromiso é aquel home nacido en Belén de Xudea, e non eses sinistros individuos chamados Cañizares, Rouco ou Martínez Camino. Por moito balbordo que fagan, non representan a ninguén. Amosémoslles a fría suavidade do noso desprezo.

3 Comments:
Pois eu, teño que cho dicir, a primeira cousa que pensei ao ler a nova foi, precisamente, en ti e na xente de Silvaoscura. Pero como o caso contrario, claro... Apertas!
Amén.
Pois ti sempre deixaches o pabellón de Silvaoscura ben ergueito. Quen sabe ?, ó millor no futuro noméante fillo predilecto e todo.
Publicar un comentario
<< Home