viernes, julio 06, 2007

Na beira do Douro (1)

Fálovos de Fer, un zamorano que estuda a licenciatura de Educación Física en Pontevedra. É un rapaz alto, deportista, sempre de bo humor. Xoga ao balonmán no Porriño e seica ten unha oferta interesante do Cisne.
Antonte coincidín con el e con outros ilustres ex-alumnos da Escola na que traballo. Primeiro asistimos a un espectáculo de Expresión Corporal e despois, para festexar o reencontro, decidimos percorrer a noite e os bares. Houbo conversas profundas, brincadeiras, bailes e paseos baixo as estrelas. Ao final, un fatiño de nove resistentes rematamos a farra (e as cervexas) nos bancos da Marina, en pleno centro de Zamora.
De súpeto, Fer achegouse a min, botoume por riba do lombo o seu xigantesco brazo e preguntou:
-¿Cómo es eso que se canta en Galicia en las noches de fiesta? Sí, hombre, la de la borracheira.
Imprevistamente, ás catro da mañá dun xoves, acabamos cantando, con máis emoción da agardada, un Miudiño fraternal, tremelicante e feliz.

1 Comments:

Blogger Marinha de Allegue said...

As noites de farra son xustas e necesarias de cando en vez non si?.
Ti non tes problema ningún para cantar, coa túa vocación de vocalista de orquestra; iso si tenho que decirche que ainda nunca me escoitei cantar.

Unha aperta cantada.
;)

2:24 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home