jueves, agosto 16, 2007

Antes das vacacións

Sobre a asociación da que falei o outro día, creo que debemos establecer un obxectivo moi preciso e concreto. Persoalmente, propoño, para principiarmos o camiño, que loitemos para que a prensa galega, esa que mercamos todos os días no quiosco, non agoche a nosa lingua no nobre recuncho dos suplementos culturais. Esa é a nosa meta. E é preciso que nos organicemos.
Sei que son datas complicadas e que os amigos do blogomillo teñen procedencias moi diversas, pero aínda así arríscome a propoñer a aqueles que poidan que pasen o vindeiro mércores, día 22, ás 20 horas, polo Café De Catro a Catro, na rúa Xerona, en Vigo. Tomarémoslle un grolo e poremos por riba da mesa as ideas que se nos ocorran. Por se vai alguén que non me coñeza, e dado que non me atrevo a lucir caravel na lapela, levarei un exemplar do libro que dá nome a tan célebre café. Acudide, estades convidados.
Por certo, mañá marcho de vacacións, así que, agás novidade, dou descanso ao blog ata finais de setembro. Unha aperta a todos. Pasádeo moi ben alá onde vaiades.

3 Comments:

Blogger paideleo said...

Eu estou traballando a esas horas.
A ver en que queda o asunto.

12:38 p. m.  
Blogger Laurindinha said...

Chegamos tarde... :(((

Que foran boas as vacacións!!!

8:35 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Menino cando voltas??
Virás co outono...
Abrígate.

Unha aperta grande.
:)

5:33 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home