Contra a preguiza de agosto
Confésoo: son un tipo preguiceiro, dedico moitas horas aos biosbardos e moi poucas á acción. Aínda así, abóuxame tanto o balbordo dos últimos meses que decidín dar un pequeno paso adiante. Comunícovos que teño intención de botar a andar, con tanta modestia como entusiasmo, unha asociación que promova e defenda a lingua galega. Farémolo con ollos limpos e intencións claras. Non admitiremos nunca ningunha axuda nin subvención de ningún organismo oficial. Non admitiremos mestura nin confusión con ideoloxía política de ningún tipo. Non promoveremos xenreira nin discordia ningunha coa lingua castelá. Con estas premisas, camiñaremos. Prego a opinión e, no seu caso, a colaboración de todos os amigos deste blog. Antes de falarmos, quérovos escoitar.
6 Comments:
Pois fermosa e esforzada idea, Veloso. Se che vale dalgo, eu e o meu desastroso galego faremos o posible por colaborar nesa asociación.
Totalmente dacordo. Conta cun socio.
Non dubides en chamarme.
Sempre me parecen ben as iniciativas que defenden as causas xustas.
Ante a súa declaración de intencións ocórrenseme varias preguntas:
- Por que a futura asociación non vai admitir subvencións públicas, isto é, do pobo que recibirá os beneficios das súas reivindicacións?
- Que significa que non se admitirá mestura nin confusión con ideoloxía política de ningún tipo? Non se admitirá a xente afiliada a partidos políticos?
Saúdos.
Vaia, semella unha "idea ideal", interesante e se cadra difícil; adiántoche amigo Veloso que a búsqueda de financiación sempre é unha árdua tarefa.
Mais como dí o meu pai: -Cousa que se poida xa sabes...
Os proxectos sempre hai que inicialos, intentar e arriscar despois xa se verá o que acontece.
O intento xa é moi valorable e saudable.
Unha aperta grande e toda a enerxía precisa meu amigo.
:)
Isto das asociacións non vai comigo pero paréceme unha boa causa a defender.
Conta co meu apoio.
Publicar un comentario
<< Home