O espazo e o tempo
Ás catro da mañá dun sábado, Vigo é unha cidade de maioría castelán-falante. Pasen polos locais de moda da zona do Areal e comprobarano.
No entanto, ás seis da mañá dun luns, o galego é a lingua dos madrugadores. Escoiten as conversas dos que viaxan nos autobuses de Citroen ou dos estibadores do porto ou dos blogueiros que renuncian ás sabas co propósito de escribir unha novela.
Tiren vostedes as súas propias conclusións.

3 Comments:
Debo de estar algo durmida aínda porque me sae unha conclusión superpositivísima.
Ah, que o esquecía!
Feliz mes de éxito!
Seguiremos agardando neste lado da vida que non desexa ter :-)
O castelán idioma de peneques ?.
Fóra coñas: o galego segue a ser a lingua dos traballadores con menor nivel de estudos e algúns con máis nivel cultural que o falan por razóns reivindicativas.
O castelán é o idioma da movida e da xuventude.
Publicar un comentario
<< Home