viernes, noviembre 16, 2007

Na beira do Douro (6)

Morreu Miguel Arévalo, o barqueiro de Olivares. Levaba máis de cincuenta anos no oficio de cruzar o Douro na súa barquiña, dunha beira de Zamora á outra. Foi pescador, bombeiro e socorrista. Salientou sobre todo pola abraiante facilidade que tiña para localizar afogados. Segundo o seu propio testemuño, foron máis de cen os corpos que atopou no río, cun pau longo como único medio de busca. Cando os xornalistas lle preguntaban polo segredo da súa estraña arte, contestou: "No se nota ni duro ni blando... Lo notas en el corazón".

3 Comments:

Blogger Raposo said...

Un sexto sentido acuático, quizais.

11:41 p. m.  
Blogger torredebabel said...

onde van as memorias dunha persoa coma o señor Miguel Arévalo cando morre? Onde é que quedan as súas historias, a súa sabiduría? Será verdade que desaparecen? eu négome a pensar que algo así poda ser certo...

9:58 p. m.  
Blogger Chousa da Alcandra said...

O que se di "habilidades innatas".
Hai moitos Migueles Arévalo polo mundo, pero tal afirmación non impide que sexa unha mágoa cando un se vai.
Saúdos

7:19 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home