miércoles, octubre 31, 2007

Voz de Galicia?

A versión en galego da edición dixital de La Voz de Galicia é tan trapalleira, ten tantos erros e disparates que non a dou lido ningún día sen acabar de mal humor. Proposta: escribámoslle a D. Santiago Rey Fernández-Latorre, ese que tanto presume do "compromiso dun título", e aclarémoslle que o fabuloso aparello tradutor funcionaría mellor coa axuda dun par de bolseiros dispostos a pasar as madrugadas diante da pantalla. Ou acaso non cobra a Voz -e os outros xornais- xenerosas subvencións por aquilo da normalización lingüística?

5 Comments:

Blogger Mr Tichborne said...

O mellor é cando a nova orixinal está en galego (cousa xa rara de por si) e o trebello o "retraduce" a "regalego". Por exemplo, trocando o artigo "o" pola conxunción "ou".
Para ser automatizada véxolle poucos erros, mais unha corrección "humana" estaría moi ben!

10:00 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

a min xa nada me espanta.

1:28 p. m.  
Blogger torredebabel said...

que podo dicir eu que fago de cada lectura en galego unha escola... a este paso moito tempo vaime levar aprender a empregar ben o galego!

1:12 a. m.  
Blogger Óscar Veloso said...

Canta razón tes !!! Estudo xornalismo fáltame pouco para rematar!!! E medios en galego, xa sabes de sobra como está o panorama...xD


Un saúdo. Agrégote a favoritos.

Por certo apelídaste Veloso coma min.


xD


Un saúdo.

9:37 p. m.  
Blogger Mer said...

Sen ir máis lonxe aquí http://www.lavozdegalicia.es/participa/index.htm?idioma=galego ese titular FASCHE NOTAR

12:08 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home