jueves, octubre 11, 2007

Na beira do Douro (3)

Hoxe dou en falar da guapísima Viki, co ollar sempre sereno e esa agradable colonia de coco que a fai única. Tivo un noivo militar unha chea de anos. Despois rifaron e acabaron tronzando os fíos, xa se sabe, a mocidade, a vida. Agora botou novo mozo, un rapaz ao que coñeceu no traballo, nos famosos parquímetros de Madrid. A empresa non ve con bos ollos as relacións entre os seus asalariados, polo que Viki e o compañeiro pasan a vida a disimular. Pero é posible que o mozo atope pronto un novo emprego: estase formando para ser "xuíz do canto dos paxaros". Non vos parece unha profesión ben fermosa?

3 Comments:

Blogger paideleo said...

Co esa profesión sómpode ser un bo home. Noraboa por Viki.
Graciñas polo comentario e si; a xente di que é caghadiño a min, que o fixen con gañas, que non podo negar que son o pai e ata din que é o meu clon.

11:10 p. m.  
Blogger torredebabel said...

é verdade o que di paideleo, para ser "xuíz do canto dos paxaros" hai que ser boa xente, sensible e silencioso.

12:58 a. m.  
Blogger Raposo said...

Mellor esa profesión que outras, pero oxalá o canto dos paxaros non precisara de ningun tipo de xuices.

11:33 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home