Na beira do Douro (5)
Anuncian unha nova actuación do mago Ya-Li-Pu. Nos carteis aparece con aspecto bondadoso e non demasiado enigmático. É un tipo enorme, de case dous metros, con bigote de pai de familia dos anos sesenta. Todos os anos organiza un congreso ao que veñen magos de todo o mundo. Neses días, non é raro velos a todos xuntos, paseando os seus trucos polas rúas peonís.
O malo de Ya-Li-Pu é que a maxia non lle dá para vivir. Por iso traballa nun banco, con xesto amable e gravata de cores. Non hai moito coincidín con el, na sección de hipotecas. Fixo desaparecer o meu diñeiro cunha rapidez e unha habilidade abraiantes.

3 Comments:
Espero que polo menos cambiara os cartos por un coello.
Esta serie de Na beira do Douro está collendo un arrecendo a Os de Silvaoscura que me presta muito.
Un saúdo.
Paréceme que non é boa idea misturar hipotecas con prestidigitadores.
Con ese comezo a nova casa promte alo menos moita maxia
Publicar un comentario
<< Home