martes, enero 08, 2008

Na beira do Douro (9)

Venres pola tarde. Diante dunha tenda de xoguetes, falo con Víctor, un neno de cinco anos, fillo duns coñecidos. Neste tempo de orixinalidade, pregúntolle cal é o Rei Mago que máis lle gusta.
-Melchor e Gaspar.
-E Baltasar non che gusta?
-Non, porque é negro, como Hamilton.
Sen comentarios.

5 Comments:

Blogger A lareira de Santiso said...

Poucos comentarios merece, certo. Todos o vemos claro. O máis triste é que seguramente os maiores que están con ese neno lle rirán a gracia e nunca lle explicarán a diferencia entre o que di a televisión e a realidade.
Apertas.

11:40 p. m.  
Blogger torredebabel said...

din que os nenos, a meirande parte do tempo, non son mais cun reflexo dos seus pais...

1:07 p. m.  
Blogger Mer said...

bueno, polo menos será porque é o rival de alonso, espero que a cor non sexa o problema

7:46 p. m.  
Blogger paideleo said...

Nos meus tempos Baltasar era o preferido de tódolos nenos pero, claro, os gustos cambian.

12:18 a. m.  
Blogger Raposo said...

Contra, parece que Hamilton non ten moitos adeptos por aqui!
Merecido o ten.
Agora ben, alguén debería explicarlle o neno que non todos os negros son iguais.

12:02 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home