miércoles, enero 02, 2008

Na beira do Douro (8)

Volvín e non funciona a calefacción. É curioso o pouco que se precisa para estragar a vidiña á que estamos afeitos. En fin, o caso é que aquí estou, un ano máis, entre o frío e a néboa, cos clásicos saúdos aos compañeiros e o xúbilo de que este ano caeu un belisquiño de lotería (non vaiades pensar que moito, no meu caso foron cincocentos euros).
Das vacacións, cóntovos que foron breves e intensas. Tomei cafés con algúns amigos e coincidín na bancada de Balaídos cun vello coñecido, o mítico Manolo Pipas, todo un persoeiro das rúas viguesas. Manolo, ao que non vin moi afeccionado ao fútbol, estaba xa preparado para viaxar a Chiapas. Agardamos con moito interese as súas crónicas.
Esta tarde dedicareime á vida social en Zamora. Aínda que é posible que, antes das apertas e as felicitacións, teña que mercar un calefactor.
Por certo, no 2008, seguiremos falando da lingua.

2 Comments:

Blogger paideleo said...

Pois cincocentos euriños non veñen mal: dá para mercar un par de calefactores.
Benvido !.

1:50 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

estas no certo. Si votas unha ollada os comentarios que fixen nos numeros 9,26 e 35 dos relatos que fixeches sobor dos de Silvaoscura, igoal che dou pistas suficientes para averiguar a miña identidade, porque ao mellor so tes que limitarte a buscar no ámeto da tua propia familia.
Por certo, na miña humilde opinión e unha pena que non fagas un recopilatorio mais extenso da serie os de silvaoscura coa pretensión de edotar un relato de contos breves tipo Bioy Casares ( e un consello de Economista, pois dende o punto de vista literario non teño capacidade para aconsellarte vendome obrigado a limitarme o papel de mero leutor e, como moito, suxerirte que lle des formato literario a determinados casos curiosos dos que teño coñecemiento e estan na mesma liña do que ves redactando ao respeito. Finalmente so decirche que agardo viver o suficiente para ver como lle entregan o premio novel de literatura a un membro da miña familia.
Unha aperta.

7:52 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home