martes, enero 29, 2008

Miña beizón

Leva moita razón o amigo Porto do Mendo cando reivindica a expresión "miña beizón" como xeito de agradecemento. Non teño nada contra o tradicional "graciñas", podo empregar de cando en vez o fermoso lusismo "obrigado" (sobre todo se falo cunha amiga miña natural de Resende, a traballadorísima Maria João) e non renuncio ao normativo "grazas". Porén, ningunha destas fórmulas leva de seu a afectividade agradecida ou o agradecemento afectivo do "miña beizón" que aínda empregan os vellos de Silvaoscura e arredores. Bendicir a aquel ao que estamos agradecidos é unha maneira doce e moi lírica de poñer de manifesto que o que dicimos é verdadeiro e non unha pura expresión social.
Velaquí, pois, a proposta que facemos Porto do Mendo e mais eu, por se algún membro da Real Academia Galega visita este blog e considera oportuno tomar nota.

4 Comments:

Blogger Mr Tichborne said...

Soa bonito, un pouco católico. Pero todo mellor que ese horrendo "grazas". Na terra dos meus pais, terra de seseo, dirían "grasas". Ridículo.
Pois iso, miña beizón.

4:36 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Xurxo: dada a ausencia de comentarios pola tua banda censurando a impertinencia dos meus comentarios neste foro, eu tomome a libertade de seguir con eles:

No senso apuntado, penso que Alfonso non era tan frío e calculador como intenta amosar relatando a relación mantida con Elvira, e presumo que lle adicou nalgun momento da mesma algun tipo de poema que poidera gardar certa analoxía co que, de seguido, paso a expoñer:

Eu, Elvira, eu se falasse eu dir-te-ia,

Que partout, everywhere, em toda parte,

A vida, egale, identica, the same,
e sempre un esforço inutil,
Um voo cego a nada.

Mas dancemos, dancemos
ja que temos
a valsa começada
e o Nada
deve acabar-se tambem,
como todas a coisas.

Tu pensas
nas vantagen imensas
de un par
que fala por falar;

Eu, nauseado e grogue,
Eu penso, ve la bem,
Em Arles e na orelha de Van Gogh...

E assim entre o que eu penso e o que tu sentes,

A ponte que nos une
e estar ausentes.

unha aperta

3:47 p. m.  
Blogger paideleo said...

A min sóame extraño o de beizóns porque nunca o oín. Pero prefíroo ao grazas. E eu para evitar o grazas ou o gracias xa escribo graciñas.
Por certo, teño que darchas polo piropo sobre os meus blogos.

10:37 p. m.  
Blogger Veloso said...

Saúdos, Mr. Tichborne, oxalá o inverno sexa leve en Alemaña.
E saúdos, Paideleo, que nunca decaia ese xeito particular de contarnos as cousas da túa vida.
E saúdos, Porto do Mendo, estou feliz de que polo menos haxa un lector que se decatou de que, efectivamente, o meu Fra non era tan frío como semellaba. Eu tamén estou convencido de que no seu interior ardía un gran lume na lembranza de Elvira. Ah, e nada de impertinencia. Ao contrario: os teus comentarios son sempre benvidos.

9:02 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home