Ángel González
Lembro un grupo de rapaces de COU, a finais dos oitenta, que escoitaban na cafetería do I. B. San Tomé de Freixeiro as palabras engaiolantes do mestre Gonzalo Navaza. Falaba de poetas, de versos para nós descoñecidos. De súpeto, apoderouse da conversa un novo nome: Ángel González. Non sabiamos quen era; en todo caso, un deses autores de final de libro de texto, esas leccións ás que nunca dá tempo a chegar.
Uns días despois, un daqueles rapaces mercou na Bertrand do Príncipe unha alfaia chamada "Palabra sobre palabra", esa biblia.
Finou Ángel González, pero está vivo. Os seus versos serán esperanza cada vez que a luz da realidade nos manque nos ollos.
Uns días despois, un daqueles rapaces mercou na Bertrand do Príncipe unha alfaia chamada "Palabra sobre palabra", esa biblia.
Finou Ángel González, pero está vivo. Os seus versos serán esperanza cada vez que a luz da realidade nos manque nos ollos.
4 Comments:
Xurxo, teño todas as tuas publicacions, pro non dou conseguido a primeira " Os ollos do rei de copas", podesme indicar onde a podo mercar. ( Por si cheguei tarde o blog, lembroche que tes comentarios meus nos numeros 9, 26 e 35 dos de Silvaoscura, así como no que fas referencia as 10 mellores novelas)
anexo esquecido de facer figurar no comentario que fixen no texto " a beira do douro (8):
¿ Importariache facer figurar a tua dedicatoria en algún dos teus libros que posuo?
ese é o luxo dos escritores, o de non morrer mentres alguén volva escollelos para ler as súas historias.
Graciñas, Porto do Mendo, polos teus comentarios. Vexo que coñeces ben o mundo e a familia dos que falo, así que intúo que se cadra ata podemos ser parentes.
"Os ollos do rei de copas" está practicamente desaparecido en combate, como é lóxico en calquera libro publicado hai case catorce anos. Aínda así, non hai moito que fin exemplares na Casa do Libro de Vigo. Se non o atopas, envíame un correo electrónico e xa che fago chegar algún dos que teño na casa. Por certo, non agardes gran cousa. É unha noveliña inxenua e adolescente.
Torredebabel, estou totalmente de acordo, hai algúns escritores (non todos) que teñen ese privilexio da inmortalidade. Por exemplo, o grande Ángel González. Un saúdos aos dous.
Publicar un comentario
<< Home