Sonsonetos para pasar o tempo (2)
Comparece ante min o folio en branco,
esa lagoa negra na que afundo
cada vez que o terco e redondo mundo
me presenta implacable un novo atranco.
Sigo amarrado ó ridículo banco
no que descansa o poeta infecundo,
agardando o verso grande, profundo,
o mesmo que o Ceo negou ó Manco
de Lepanto. Oh, Deus poderoso e métrico!
Onde atoparei o doce elixir
do símil lento e do verbo simétrico?
Falarei do cénit e do nadir
ou ceibarei xa o meu lamento tétrico?
Teño realmente algo que dicir?
esa lagoa negra na que afundo
cada vez que o terco e redondo mundo
me presenta implacable un novo atranco.
Sigo amarrado ó ridículo banco
no que descansa o poeta infecundo,
agardando o verso grande, profundo,
o mesmo que o Ceo negou ó Manco
de Lepanto. Oh, Deus poderoso e métrico!
Onde atoparei o doce elixir
do símil lento e do verbo simétrico?
Falarei do cénit e do nadir
ou ceibarei xa o meu lamento tétrico?
Teño realmente algo que dicir?
5 Comments:
Si
(resposta á última pregunta)
Eu, particularmente, prefiro a silva o verso simetrico. Unha aperta.
Pois eu prefiro a silva e mais o toxo, pero gustei deste sonsoneto.
Parabens.
¡Que talento, meu!
Es un artista.
Unha aperta.
:)
Publicar un comentario
<< Home