martes, abril 08, 2008

Coincidencia

Corrixo as probas dunha novela que vai saír pronto. É un texto que escribín o ano pasado. Nun dos últimos capítulos, entra en acción unha banda semiterrorista que causa o pánico alá onde vai. Non sabía moi ben como se podían chamar. Ao final, atopeilles unha denominación que me pareceu sonora e contundente: Os Chiquichiquis. Agora, as circunstancias da actualidade e do festival de Eurovisión vanme obrigar a procurar un novo nome.
Por certo, xa vos avisarei cando se publique a novela.

2 Comments:

Blogger folerpa said...

E logo moi atrasado andas coas correcións, eu hai ben tempo que as entreguei.
Polo nome bnon te iqnuedes, xa sabes que ás veces a realidade imita á arte.

6:09 p. m.  
Blogger torredebabel said...

non deixes de facelo!! lembra que tamen tes unha lectora no sur do mundo ;-)

4:35 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home