miércoles, marzo 05, 2008

Suicidas

Enchemos os nosos montes de especies non autóctonas; ás veces queimámolos e facemos fotos do lume. Acementamos as nosas rías para que os barcos entren con comodidade e os veciños da outra beira estean máis próximos. Construímos centos de casas e edificios no medio da paisaxe, sen reparar no estragado. Esquecemos a nosa cultura, as nosas cancións, a nosa gastronomía, a nosa lingua, non porque nos molesten ou porque teñamos algo contra elas, senón por adaptarnos á modernidade e non quedar de pailáns e/ou independentistas. Suicidámonos, en fin, con absoluta confianza no futuro: mentres pousamos o cano da pistola nas tempas, sorrímoslle á cámara.

Esta fin de semana vin o Centro Comercial da Laxe. Entendedes a miña frustración?

4 Comments:

Blogger torredebabel said...

entendese, Veloso. Entendese. O que non se entende é ese suicidio xeralizado.

9:33 PM  
Blogger A lareira de Santiso said...

mentres haxa xente coma ti que non siga o ritmo eso, aínda nos queda algo.
apertas

12:55 AM  
Blogger A lareira de Santiso said...

El autor ha eliminado esta entrada.

12:56 AM  
Blogger X said...

Entendemos.

12:11 AM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home