Na beira do Douro (12)
Todos os días, cando vou cara ao traballo, ás oito menos cuarto da mañá, crúzome cun home que camiña con paso lixeiro. Vai sempre a asubiar, sen que pareza afectarlle o frío nin a hora. Non sei como se chama este home e é posible que nunca chegue a falar con el, pero hoxe vou aproveitar este espazo para manifestarlle o meu agradecemento. O seu asubío é un fermoso xeito de principiar o día.
Marcho de vacacións unha semana e pico. Pasádeo ben, tende coidadiño nas estradas e procurade caer nas tentacións. Ata máis falar.
Marcho de vacacións unha semana e pico. Pasádeo ben, tende coidadiño nas estradas e procurade caer nas tentacións. Ata máis falar.
3 Comments:
Desfruta das vacacións con asubíos ou non.
Fermosa banda sonora para comezar os teus días laborables, e tranquila, que boa falta fará.
apertas
Cantas destas historias de fíos invisibles e desconectados, de persoas coñecidas pero descoñecidas, de xentes que son para nós sen ser nós para eles... Boas vacacions e agardámoste aqui!
Publicar un comentario
<< Home