Sonsonetos para pasar o tempo (3)
Dos amores que nunca confesei
perduran tristísimas avenidas,
sen torpes bicos nin lentas feridas
nin lumes nos que xa non arderei.
Lémbrovos, amadas, téñovos lei,
e xamais vos vin nas noites espidas
nin logrei praza nas vosas vidas
de noivo, de amante, de único rei.
Quédame, amigas, o sutil fracaso
do meu silencio e do voso perdón.
Sexa o voso mel para esoutros homes
cos que eu brindarei con tremente vaso;
hei de levar sempre no corazón
palabras que rimen cos vosos nomes.
perduran tristísimas avenidas,
sen torpes bicos nin lentas feridas
nin lumes nos que xa non arderei.
Lémbrovos, amadas, téñovos lei,
e xamais vos vin nas noites espidas
nin logrei praza nas vosas vidas
de noivo, de amante, de único rei.
Quédame, amigas, o sutil fracaso
do meu silencio e do voso perdón.
Sexa o voso mel para esoutros homes
cos que eu brindarei con tremente vaso;
hei de levar sempre no corazón
palabras que rimen cos vosos nomes.

6 Comments:
¿ Coñeces un grupo cómico arxentino que se chama les luthiers?
Dos cais a leitura do poema suxireme traer a colación o seguinte comentario da sua autoría:
" El amor eterno dura aproximadamentes tres meses"
El amor es eterno mientras dura.
Antonio Gala
Quizais debiches confesarte, igual levabas unha sorpresa.
Dos mesmos autores, a que mais gosto dela e a seguinte:
" El amor dura, lo que dura dura"
Caramba, concordo con este anónimo igual levabas unha sorpresa.
Beijossss
:)
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
Publicar un comentario en la entrada
<< Home