Sonsonetos para pasar o tempo (6)
Xa remata a primeira xuventude.
Fagamos balance dos corenta anos,
seguramente demasiado oufanos,
máis cheos de desdén que de virtude.
Talvez sexa hora de que todo mude,
de non escapar máis dos desenganos.
Haxa vida, aínda que veñan danos.
Arrisquemos, e que Deus nos axude.
Borrémo-lo rostro das amadas
que nunca chegamos a bicar.
Esquezamos por fin as alboradas
de amor intenso pero singular.
Rexeitemos dunha vez as parvadas
desta mísera existencia exemplar.
Fagamos balance dos corenta anos,
seguramente demasiado oufanos,
máis cheos de desdén que de virtude.
Talvez sexa hora de que todo mude,
de non escapar máis dos desenganos.
Haxa vida, aínda que veñan danos.
Arrisquemos, e que Deus nos axude.
Borrémo-lo rostro das amadas
que nunca chegamos a bicar.
Esquezamos por fin as alboradas
de amor intenso pero singular.
Rexeitemos dunha vez as parvadas
desta mísera existencia exemplar.
3 Comments:
Boa filosofía, quen nunca arrisca xamais gaña.
Chama a esa rapaza, bica a quen desexes, di o que pensas...
abofé que é o bo de cumprir anos: estar vivo!!!!!
Si, a vida cambia a medida que medramos e aparecen novas prioridades e rimos do que pensabamos antes.
Reir es arriesgarse a parecer tonto.
Llorar es correr el riesgo de parecer sentimental.
Acercarse a otro ser es correr el riesgo de comprometerse.
Amar es arriesgarse a no ser correspondido,
pero los riesgos se han de tomar,
porque el que nada cambia,
nada hace, nada tiene, nada es.
Publicar un comentario
<< Home