Desta foi
"Talante", pregoa Zapatero ata nas súas peores parodias. "Sentidiño", dixo Quin durante a campaña. Chegoulles a hora de demostrar que teñen algo máis que boas intencións. Deámoslles tempo, é moito o que teñen que facer. Esixámoslles, é o noso dereito.
Por certo, onte acordeime moito do Benito das Regas. Era un home brutal, de fazulas sempre vermellas e ollos enchoupados en sangue. Falaba de todas as cousas con crueldade e precisión, cun xesto altivo que non o abandonou nin cando o cancro lle empezou a rillar a alma. O Benito das Regas era un pedreiro fino, traballador incansable, lingua de ferro. Pero sempre quedará na lembranza dos seus veciños polo seu segundo oficio: era o enterrador. Onte, non sei por qué, ao ver na televisión a Federico Trillo, acordeime del.