lunes, junio 20, 2005

Revisión

As eleccións de onte deixan poucas certezas. Se cadra unha: cómpre revisar algúns conceptos dos que falamos sen permiso da cabeza. Por exemplo, democracia, enquisa, emigración, vitoria, resignación, conformismo... Persoalmente, non creo que ocorra nada co reconto do voto alleo. É dicir, dentro de mes e medio teremos a Touriño de presidente e a Quin de vice. Esíxolles responsabilidade, sentido do deber, honradez. Non nos pode valer aquilo de "cambiaches de muiñeiro, pero non cambiaches de ladrón". Non é trocar unha rede caciquil por outra, mudar de enchufados, quitar aos que estaban para poñer aos nosos. Non, non é iso. É fundamental que todos o teñamos claro. Sobre todo, aqueles que hoxe se senten gañadores.