Pausa do café
Tomo café nun bar ateigado de estudantes universitarios. Óese o balbordo das hormonas, é venres, o propósito de cópula adquire verosimilitude conforme avanzan as horas. Fan ben, penso, eu faría o mesmo se se desen as circunstancias axeitadas. Mágoa que ultimamente se me metese na cabeza esta absurda idea de cambiar o mundo.
Soa unha canción de Maná, "mariposa traicionera" ou cousa semellante. Caio de súpeto nunha gozosa lagoa de tristura, desas nas que un non dá nadado pero tampouco afoga por completo. É o que ten a música, que o secuestra a un e o converte nun ser alleo, case libre.
Ao rematar o café, métome no servizo de cabaleiros. Mentres desafogo a vexiga, penso no paso do tempo, a morte, o amor e todos eses tópicos cos que lixo de cando en vez o folio branco. Pero non (como dixo Celso Emilio), mellor será saír xa do Planeta Pausa. Ademais, lembren, teño que cambiar o mundo.
Pode que o domingo perda Fraga. Sería un pasiño.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home