Ars tatexante
Por suposto, o blog é un medio de comunicación absolutamente democrático, alleo ás presións externas. Porén, cómpre nisto, como en todo, actuar con sentidiño. Moitas veces, o blogueiro padece mal de onanismo, unha enfermidade que pode acabar derivando en solipsismo, é dicir, na crenza de que o único que existe no mundo é el mesmo e as súas particulares circunstancias. Aos meus lectores, se os houber, tanto lles teñen as miñas lideiras cotiás. Hoxe, por exemplo, poderíalles contar algo das miñas doenzas de varices ou da malleira que sufrín onte xogando ao tenis. Mesmo se podería dar o caso, non moi probable, de que o fixese con graza e ironía, co cal parecerían quedar xustificadas estas liñas. Pero non, sempre habería algo perverso nese eterno retorno a un mesmo. O que escribe, tamén o que o fai a través da rede, debe procurar algo máis. Aínda que para iso deba camiñar errático e perdido, como é o meu caso.
Por outra banda, o blog é un espazo de valentía, no que un debe ser consecuente coas deformacións que nos ofrece o espello. De adolescente, gustábame dicir que a miña afección pola composición de versos me viña dunha necesidade de autocoñecemento. Agora, case vinte anos máis tarde, nin tan sequera me queda aquela explicación. Non sei por qué escribo, mais, por se acaso tivese razón aquel rapazolo que xa non son, direilles que quero que este blog me axude a tirar do fío que sae das tempas, a ser posible sen disimulos. Para empezar, tomarei folgos e afirmarei, case berrarei, que non estou de acordo con aqueles que toman o nome de Deus en van. É dicir, que estou en contra da manifestación do 18 de xuño, e non só porque me caian mal case todos os membros da Conferencia Episcopal, senón porque sigo a pensar, por raro que soe, que Deus é Amor. Só Amor.
Vaia, non só onanista. Agora resulta que, cando quedo coas mans libres, métome a predicador xesticulante, co noxo que dá iso.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home