Información?
Esperto cada mañá con Iñaki Gabilondo. Pasamos xuntos os corenta primeiros minutos da xornada. Mentres eu me ducho e me afeito e almorzo e fago a cama, Iñaki resume a prensa e opina sobre os asuntos da política. Despois, a través de Internet, consulto os titulares de tres ou catro xornais e leo algún artigo que me chama a atención. Á noite procuro ver algún telediario, non sempre pola maxia dos ollos da presentadora.
Pois ben, aínda así, non me considero unha persoa informada. Ou, polo menos, non como eu querería selo. Creo que o exceso de datos impide a peneira e, por tanto, a reflexión. Ás veces penso que máis valería un xornal menos e un poema máis, pero ao final sempre caio na tentación do fuxidío, do pasaxeiro e vacuo, é dicir, perdo a categoría de suxeito pensante e convírtome nun obxecto manipulable (por todos, tampouco sexamos inocentes). Menos mal que nos queda a Retórica de Platón.
E, de todos os xeitos, moitas grazas, Iñaki.

1 Comments:
Levas razón, Pantelas. Eu tamén tento oír a Cope de cando en vez, pero o meu corazón é fráxil e non atura as embestidas do Jiménez Losantos. Un día, por puro experimento, escoitei a César Vidal e case acabo en Urxencias das taquicardias que me entraron. De todos modos, para infartos informativos os da TVG.
Publicar un comentario
<< Home