Proposta
Pouso os dedos sobre o teclado e sinto a tentación de falar de asuntos irrelevantes (explicando, por exemplo, por que non son escritor, máis que nada por seguir o interesante fío lanzado por Náufrago e Folerpa) ou relevantes (como unha idea fabulosa da que tiven noticia hai pouco: a homenaxe aos fusilados no Alto do Furriolo), pero a moita preguiza amoreada durante estas semanas de sofá, calor e excesos futbolísticos impídenme escribir co raciocinio desexable.
Limítome, pois, a anunciarvos que dende o vindeiro día 1 de xullo e ata o 6 de agosto, co gallo das miñas inmerecidas vacacións laborais, estarei en Galicia. Repartirei o meu caótico tempo entre Vigo e Silvaoscura, con algunha posible escapada a Santiago de Compostela e talvez á Coruña. Se algún dos amigos do blogomillo quere e lle cadra ben, para min sería un pracer compartir café e conversa. Avisádeme a xsv@usal.es e falamos. Pasádeo ben, coidado nas estradas, xeito nas verbenas e moderación nos licores. Unha aperta para todos.