Tiven a fortuna de coñecelo e de compartir algúns cafés con el. Unha vez díxenlle que me gustaban moito uns versos seus, aqueles cos que remataba o poema "O inimigo", do libro
Adeus Norte. Se non me engano, dicían así:
Non tires o teu soño coma un anel ao río.
Sobre aquilo que amas non poidas renunciar.
Grazas, Ramiro, por non renunciares nunca.