Ramiro Fonte
Tiven a fortuna de coñecelo e de compartir algúns cafés con el. Unha vez díxenlle que me gustaban moito uns versos seus, aqueles cos que remataba o poema "O inimigo", do libro Adeus Norte. Se non me engano, dicían así:
Non tires o teu soño coma un anel ao río.
Sobre aquilo que amas non poidas renunciar.
Grazas, Ramiro, por non renunciares nunca.
Non tires o teu soño coma un anel ao río.
Sobre aquilo que amas non poidas renunciar.
Grazas, Ramiro, por non renunciares nunca.
2 Comments:
A nosa máis sincera noraboa! "Os nomes do traidor" está feita coa receita na que todos os relatos deberían basearse; é dicir: enganchar dende o primeiro momento e non deixarte ata o remate.
E isto lógrase a través das vivencias e reflexións duns personaxes narrados dun xeito fluído e aparentemente sinxelo que agocha o verdadeiro traballo de fondo.
Nós apostamos porque haxa moitos máis nomes de Traidores ou do que sexan...
Graciñas, Rospi. Bicos ás dúas.
Publicar un comentario
<< Home