martes, septiembre 09, 2008

Sen título

Supoño que podería falar dos do Club Financiero de Vigo ou de Augas de Mondariz ou de calquera outra xuntanza de parvos, pero estes días non teño o corpo demasiado combativo. Estou triste, amigos do blogomillo. O pasado 28 de agosto finou o meu avó, unha das persoas máis importantes da miña vida. Marcharon os seus olliños luminosos, a súa voz alegre, a inesgotable fonte de historias e conversas. Marchou o home bo, o que nunca se enfadaba, o que sempre tiña unha palabra amable para todo o mundo, o que sabía espertar o sorriso nas situacións máis serias. Marchou Manuel Veloso Vilachá, o meu querido e inesquecible avó. Queira Deus que algún día, quen sabe se no particular ceo dos de Silvaoscura, nos atopemos de novo.

9 Comments:

Blogger emereci said...

Busco e non atopo a palabra xusta para calmar a tristura da perda. Será que non a hai? Vaia un abrazo e un silenzo compartido, a ver se así.

8:00 p. m.  
Blogger X said...

Laméntoo, unha grande aperta en tempos difíciles.

8:35 p. m.  
Blogger Mr Tichborne said...

Se hai algo por aí arriba (e non son crente) que mire por dona Herminia Vidal Pose. Polo que conta, seguro que se levarían ben.
Acompáñoo na súa perda, amigo. Entendo ben a súa tristura.

3:01 a. m.  
Blogger TOXIÑO said...

xa non hai máis historias, nin máis contos, nin máis consellos ,nin maís agarimos, nin haberá nunca outra persoa que ocupe o seu sitio.É a maneira máis cruel de ter ós que queres sempre contigo.
Un abrazo

2:06 p. m.  
Blogger paideleo said...

Laméntoo.

11:46 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

ante todo darte mi pesame.
lo segundo no se como carajo vine a dar aqui, con un buscador, lo ierto es que cai en unos comentarios de hace unos meses en los que hablais del tal ramon presley, no se si lo conocereis, pero el consejo que os puedo dar es que no os fieis ni un pelo, solo ve la gentge cuando ya la piso, o le sirve a sus fines. despues de lo de que era un enchufado, por su cuñado, casi seguro, aunque nunca se sabra con certeza, lo que os puedo decir, es que es como el sol, cuanto mas lejos mejor.

9:22 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Sinto de corazón. Unha aperta grande.

9:53 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

sinto moito xurxo, entereime ó leer ó teu blog, e eu falandote de colaboracions en libros sen darte o pesame.Entendo o teu dor...unha forte aperta. Rosa

10:37 p. m.  
Blogger A lareira de Santiso said...

A miña complicidade e todo o cariño que poidas sentir a través destas liñas.
Unha aperta.

7:20 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home