A novela titúlase "Os nomes do traidor". Presentarémola na Feira de Libro de Vigo o venres, 4 de xullo, ás 20:30 horas. Acompañaranme Belén López e Manuel Bragado. Estades todos convidados.
Este domingo, 15 de xuño, fanse tres anos dende que botou a andar este Rei de Copas. Aproveito a efemérede para agradecer a compaña e para convidar a unhas cañas a quen lle cadre pasar por Zamora. Por un lado quedo ben e por outro, como é previsible que non sexan moitos os que poidan, non lle causo estragos de máis ao meu orzamento.