lunes, mayo 14, 2007

Alonso Montero

As súas clases eran unha festa para os oídos e un estímulo para a intelixencia. Non é xusto limitarse a recoñecer a súa asombrosa facilidade para falar en público. Era moito máis. Ao escoitalo, un sentíase capaz de cambiar o mundo, de loitar contra a inxustiza, de mergullarse nos autores máis descoñecidos e libralos de esquecemento.
Xa non anda moi lonxe dos oitenta anos, pero segue en boa forma. O venres deunos unha nova lección a todos os que tivemos o pracer de escoitalo na Casa do Libro. Falou da memoria republicana, das vítimas e dos opresores. A súa voz segue combativa e invencible.
Por moitos anos, D. Xesús, por moitos anos.

2 Comments:

Blogger torredebabel said...

por moitos moitos! que tamén nos alumea aos que non o escoitamos pero o lemos!

12:46 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Carallo, pensei que morrera polo comezo. Eu tamén lle teño muito aprezo. Un home sempre atento a contar a súa experiencia e a súa opinión. Nunca está de máis oílo aínda que as máis das veces non concordo con el.

12:42 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home